Por que asociarse?

Neste proxecto gustaríanos que as persoas que o desexen poidan sumarse, cooperar e ser partícipes no cambio cara a un modelo enerxético 100% renovable.

A base de Nosa Enerxía son as persoas socias, que son as protagonistas e a forza necesaria para acadar os obxectivos marcados.

Cunha pequena achega, podes contribuír a todo isto:

  1. Podes consumir enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, a un prezo xusto e sustentable.

  2. Tes acceso aos bens e servizos que poida ofrecer a cooperativa.

  3. Participas na toma de decisións da cooperativa, e polo tanto, contribúes á soberanía enerxética.

  4. Colaboras nun proxecto de propiedade colectiva, e fas que a xestión da enerxía sexa democrática.

  5. Podes participar na posta en marcha dos proxectos de xeración de enerxía renovable que se vaian facer.

  6. Axudas nun modelo de xestión que defende o desenvolvemento sostible e apoia os principios da economía social.

  7. Apoias a defensa da natureza, a protección do medio ambiente e actividades de carácter social e solidario.

  8. Fortaleces o tecido autóctono de enerxías renovables, xerando traballo e desenvolvemento a nivel local.

Los comentarios están cerrados