Bico de grao galardoada no Día do Cooperativismo Galego 2018 no Porriño

¡Parabéns ás nosas socias de Bico de Grao S. Coop. Galega!

Recolleron o 7 de xullo do 2018 o premio ao mellor proxecto cooperativo novo no Día do Cooperativismo Galego que tivo lugar no Porriño.

Foi presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia conta con 1.329 cooperativas activas. Os galardoados deste ano foron: Aura, Radis, Aira, Bico de grao e Viña Costeira.

Bico de Grao, unha iniciativa que comezou hai tres anos na capital lucense da man de Marta, Amaia e Vanesa, coa intención de crear un espazo de economía alternativa, ou como elas mesmas aseguran, “levar a cabo unha forma de emprender máis solidaria”.

Acercádevos a coñecer Bico de Grao que é tamén punto de información da coop. en Lugo.

IMG_20180708_215533  Bico de Grao  Bico de grao (Lugo)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *