Convocatoria de traballo que ofertan dende UNIÓN RENOVABLES

As persoas socias de Nosa Enerxía S. Coop. Galega poden optar á convocatoria de traballo que se oferta dende UNIÓN RENOVABLES, Unión de cooperativas da que é membro Nosa Enerxía. Os postos ofertados son:

Persoa Responsable de Coordinación
Persoa Responsable da Secretaría Técnica-Xurídica

O proceso comeza con esta convocatoria e a posterior recepción das solicitudes das persoas socias interesadas. O prazo de recepción finaliza o 15 de maio. Posteriormente o equipo de selección realizará a preselección dos casos que mellor se axusten ao perfil.

NOTA: Non se admitirán CV a través do correo electrónico agás que se teña problemas cos formularios.

logotipo-union-renovables

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *