Iniciativa de persoas socias en Compostela, Cibrán e Adrián propoñen un desafío

Xenial iniciativa das persoas socias en Compostela. Cibrán e Adrián queren quedar con todas aquelas persoas que estean interesadas en cambiar de compañía eléctrica, para explicarlles como facelo e como funciona a nosa cooperativa. ¿Sumádesvos?”

Cibrán Santamarina Ríos
O Adrián Dios Vicente e máis eu propoñémosvos un desafío. Él e máis eu imos fixar unha data na que a todos/as os/as que queirades axudámosvos a facer a transición da vosa actual compañía eléctrica a Nosa Enerxía. Chegades cunha copia dunha factura da luz, o DNI e saídes con todo feito. O reto é dobrar os 26 contratos que ten a cooperativa en Compostela. Quen non sexa de Santiago tamén é benvido. ¿Cantos/as estaríades interesados/as?. Poñede un eu no post e compartide.
Edito: Quen teña a tarifa de último recurso non é recomendable que faga a transición. O estado non permite ofertar esta tarifa máis que ás “grandes operadoras”. Farán falla tamén 100 euros para darse de alta na cooperativa. Estes 100 euros son reembolsables ao darse de baixa. A data da alta colectiva será, moi probablemente o día 28 de setembro.

2 Comments:

  1. Entón se temos a tarifa de último recurso, non nos recomendades facelo?

    • Ola Ester,

      Se tedes o PVPC (tarifa regulada, a antiga TUR) si que podedes facervos socio igualmente, aínda que o prezo non é tan favorable. No mercado libre somos máis baratos que as grandes, pero comparando co PVPC temos un prezo similar ou algo máis caro. Se queres, podes mandar unha das túas facturas a comunicacion@nosaenerxia.com e comparámosche o prezo e explicámosche como funciona o tema da factura.

      Un saúdo, e graciñas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *