Nosa Enerxía no barco “Esperanza” de Greenpeace na Coruña

Imaxes da visita e reunión de Nosa Enerxía no barco “Esperanza” de Greenpeace e que no marco da súa campaña “Misión: Salvar o clima” está facendo escala no porto da Coruña. A coop. deu a coñecer o seu proxecto e a acción que está mantendo para loitar co cambio climático e que se traduce:
-Máis de 500 MW de consumo de enerxía renovable con certificado de orixe e posibilitando o aforro na factura da luz.
-Non consumir enerxía procedente de centrais térmicas, ciclo combinado ou nucleares, no caso galego, a xeración procedente das centrais das Pontes, Meirama ou gas procedente da ría de Ferrol.
-Prantación de árbores (castaños e carballos) de cara reducir a pegada de carbono, loitar contra o monocultivo como o eucaliptus.
-Promover e axudar a avanzar hacia un novo modelo enerxético e democratizar a enerxía. Onde xa contamos co apoio de 4 concellos, colectivos medioambientais, políticos e socias.
-Promoción da mobilidade sostible como o emprego da bicicleta da coop.
Estos feitos son posibles co apoio das 360 persoas socias da coop. que consiguen poñer a Galicia na vangarda da loita contra o cambio climático como se recoñeceu dende Greenpeace.
Si queres loitar contra o cambio climático súmate a Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.

21192463_1710464645661272_5382656195810331236_n  21230848_1710468495660887_4332138302616904698_n  21192979_1710469598994110_3300467440212042002_n

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *