Nosa Enerxía S. Coop. Galega subscribe un Programa de Empresas gratuito con Meliá Hotels

Nosa Enerxía S. Coop. Galega ven de subscribir un Programa de Empresas totalmente gratuito coa cadea hoteleira “Meliá Hotels” e que nos proporcionará descontos nas estancias que vaiamos a realizar, sexa vacacional, ocio ou de negocios.

Esta iniciativa impulsa para ás persoas socias da coop. como membros do Consello Reitor, a desfrutar das súas estancias dúns descontos que van dende o 5% garantido ampliable até un 20% en tódolos hoteis, incluindo ademáis beneficios exclusivos adicionais. Se as persoas da coop. son membros de Meliá Rewards complementase con ese % de desconto e éste aumenta.

Formar parte deste programa permite a coop. dispor a nosa disposición dun portafolio de máis de 350 hoteis nacionais e internacionais.

Para que ás persoas socias podan desfrutar destes servizos que creemos serán vantaxosos, existen 3 opcións de reserva:

  1. A través da web https://www2.melia.com/meliapro/es/empresas.html (clicando neste enlace redirixe directamente a web e só teriamos que detallar o código de empresa).
  2. Call Center +34 (91) 276 47 47. Chamando a este nº e detallando o código de empresa.
  3. Contactando coa persoa de xestionar ás reservas na seguinte reseña e facilitar o código de empresa:

Juanma Barea Obregón

Digital Account Manager en Meliá Hotels International Spain

Telf.: (+34) 91 732 87 55  Ext: 7817

Email: juanma.barea@melia.com

NOTA: Para obter o código de empresa único para tódalas persoas socias da cooperativa, revisa o teu email e no boletín interno da coop. de outubro’18 que recibiches, onde apareza esta nova tés detallado o código, precisaralo para facer ás reservas, do contrario; os descontos non se farán efectivos nin terás os privilexios que se che ofrecen.

Dende Nosa Enerxía S. Coop. Galega estamos convencidos de que este Programa de Empresas fará un bo servizo ás persoas socias.

Programa de Empresas Meliá Hotels

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *