O Vicepresidente da cooperativa Nosa Enerxía realizou unha proba piloto cún coche eléctrico

O Vicepresidente e socio da cooperativa Nosa Enerxía S. Coop. Galega José Ramón Conde, participou nunha xornada productiva realizando unha proba piloto do novo Smart Fortwo Brabus Electric Drive 60 kW (82CV) versión Green Black grazas a colaboración de Automóviles Louzao, S.L.U. de A Coruña, quenes proporcionaron durante un día completo con devolución o día seguinte para probar, testar e valorar este vehículo innovador. Realizou un test dinámico de velocidade, autonomía, tempos de carga, consumos, elementos de seguridade activa, recuperación de enerxía, sensores, etc. Satisfeito coa proba valorando os seguintes rendementos:

  • De 0 a 100 kms/h en 11,5 segundos (según indicou tamén o fabricante).
  • De 40 a 100 kms/h en 8,5 segundos aprox. (diversos factores de chuvia e vento dificultaron unha precisión con máis exactitude).
  • A 90 kms/h durante 90 kms de traxecto con limitador de velocidade activado, modo ECO e cunha carga de batería o 100%, reduciuse a un 41% de carga restante, con un consumo de 0,13 kWh/100 kms e unha temperatura ambiente de entre 18 e 20ºC. Noutras ocasións; aproveitando as baixadas en desaceleración que mediante o fluxo de entrada de aire, aumentaba o rendemento de carga entre un 5 e un 10% aprox.

Puntos positivos:

  • Nivel de seguridade, equipamento e diversos sensores que controlan o vehículo en todo momento.
  • Freada potente e efectiva.
  • Arrancada en semáforos rápida e con moi boa estabilidade.
  • Agarre en asfalto en diversas circunstancias.
  • Cambio automático e orde de marcha fluida, contínua e sen tropezos.
  • Practicidade, radio de xiro amplo, comodidade, axilidade tanto en cidade como estrada, libertade de movementos, amplo interior e sinxelo de aparcar grazas ao seu reducido tamaño.

Puntos negativos:

  • Autonomía a mellorar, está moi limitada para soamente 160 kms.
  • Tempos de carga co cargador convencional moi longos e as estacións base melloraría a velocidade de carga.
  • O volante non é regulable en altura.
  • O sistema de climatización e calefacción complexo para manexar en marcha.
  • Vehículo totalmente urbán destinado a cidade e con traxectos curtos por estrada, non apto para longos recorridos.
  • Conducción limitada entre 80-90 kms/h para manter una boa autonomía en estradas e autovías, a partir de 100 cara adiante; dispáranse os consumos perdendo entre un 10 e un 20% de batería.
  • Rumorosidade dos neumáticos en asfalto algo elevados, cunha sonoridade interior normal; apréciase o son externo da banda de rodadura que é ruidosa.

NOTA:   A batería de Ións de litio con capacidade de 17,6 kWh utilizando o cargador de a bordo de 4,6 kW en enchufe convencional de 240V a 6A durante 12 horas, a carga total foi do 98%, que en 15 minutos a maiores completou a súa carga ao 100%.

En 3,5 horas nunha estación base dún recinto exterior específico foi de 97-98%, completando a súa carga en 10 minutos máis ao 100%.

Valoración final do vehículo do 1 o 10 dáselle a nota dún 8, pola autonomía reducida que tén e se necesita máis capacidade para cumprir coas expectativas e porque o volante non é regulable en altura, complicando o acceso e saída do mesmo se a persoa é alta.

Polo demáis, contento coa experiencia e co coche. Agradecer a Automóviles Louzao de A Coruña o trato e a xestión de facilitar o vehículo para a súa proba durante case dous días.

Smart_1  Smart_2  Smart_3

Smart_4  Smart_5  Smart_6

Smart_7

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *