OFERTA DE TRABALLO DE NOSA ENERXÍA S. COOP. GALEGA

Posición:  Administrativo.

Tarefas a realizar:
Proporcionar atención telefónica e por correo electrónico ós socios e socias da cooperativa e persoas interesadas neste proxecto. A atención as persoas socias inclúe a xestión de trámites (altas, baixas, modificación de contratos, cambios de enderezo, etc.), facturación, resolución de dúbidas e incidencias e apoiar o resto do equipo da cooperativa en tarefas administrativas.
Imprescindible:
-Ser socio/a da Cooperativa ou ter relación co socio/a en 1º grado de consanguinidade ou afinidade. (Indicar socio/a e parentesco). No caso de non estar interesado ningún socio, abrirase un novo prazo ampliando unha semana a recepción de CV. Sempre co compromiso de facerse socio no caso de ser elixido.
-Ser demandante de emprego.
Experiencia e coñecementos:
Valorarase a experiencia laboral en tarefas administrativas. Aportación de traballo voluntario a Nosa Enerxía. Esenciais galego e castelán e nivel avanzado de usuario de ofimática. Valorarase coñecementos de inglés ou outras linguas, nocións de contabilidade, coñecementos de eficiencia enerxética, interese polas enerxías renovables, mercado eléctrico e movementos sociais. Terase en conta circunstancias como grado de discapacidade, igualdade de oportunidades,…

Ofrecemos:
10  horas semanais iniciais que se pode ir incrementando segundo o crecemento da cooperativa, con incorporación prevista para o mes (a determinar). Bo ambiente. Formación a cargo da cooperativa. Retribución 5.048,54€ brutos anuais por 10  horas. O contrato inicial será de 6 meses, cún período de proba de 3, no que estará incluída a formación necesaria para o traballo a desempeñar.
O traballo desempeñarase dende a súa casa, para o cal se lle proporcionará un ordenador exclusivo para a cooperativa.
Cómo responder á oferta:
Envíanos o currículo e unha carta de presentación explicando qué podes aportar ó equipo de Nosa Enerxía a nosaenerxia@nosaenerxia.com  antes do 15 de marzo. As entrevistas se realizarán na semana do 27 de marzo.

Oportunidade de Emprego

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *