Resultados da enquisa formulada por Nosa Enerxía

O día 15 de abril rematou o prazo para votar na consulta ás socias para escoller as distintas cooperativas e organizacións ás que asociarse.
De 310 persoas socias con dereito a voto. Participaron 67.
O resultado é o seguinte:

1-Espazocoop: 35 votos (52,2%)

2-Rescoop: 16 votos (23,9%)

3-Reas Galiza: 14 votos (20,9%)

4-Ningunha das opcións : 2 votos (3%)

Con este resultado Nosa Enerxía vai a escoller a Espazocoop para asociarse este ano como primeira opción escollida na consulta. As outras opcións seguen presentes de cara asociarse cando teñamos oportunidade, pero por capacidade temos que ir pasiño a pasiño.

Agradecer ás persoas socias de Nosa Enerxía por participar nesta consulta e facer un exercicio de democracia que é parte dos valores da coop.

EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *